A Nosa Historia

A historia da banda remóntase a 1991, cando o daquela alcalde, Don Manuel Rivera, impulsou a restauración da agrupación tras máis de 40 anos desaparecida. Tras poñer en marcha a escola de música con mestres locais e o impulso definitivo de Victor Fernandez e Jesús Iglesias, a banda presentouse oficialmente na festa da lamprea de 1994 baixo a batuta do propio Victor Fernandez. Dende entón, a súa intensa traxectoria levouna a actuar por toda a xeografía galega, así como en Portugal e diversos puntos de España.

A traxectoria da banda está avalada por numerosos recoñecementos, destacando o 1º Premio e Mención de Honra no Certame Internacional 'Cidade de Valencia' en 1999. Ademais, a agrupación conseguiu múltiples galardóns e primeiros postos nos certames provinciais de Pontevedra e nos certames galegos entre os anos 2002 e 2015, consolidando o seu prestixio no panorama musical.

O Director

Director da Banda, Tomás Alonso López

TOMÁS ALONSO LÓPEZ

Nado en Valladares (Vigo) en 1992. Comeza os seus estudos aos nove anos na Escola de Música da Unión Musical de Valladares da man de Álvaro Iglesias. Posteriormente ingresa no Conservatorio Profesional de Música de Vigo onde completa os seus estudos e acada o premio extraordinario de fin de grao. En 2012 é admitido no Conservatorio Superior das Illas Baleares onde amplía os seus estudos da man de Rodrigo Vila, rematándoos en 2016 con Matrícula de Honra.

Este mesmo ano é admitido para realizar os estudos de Máster na Sibelius Academy (Finlandia) da man de Joonatan Rautiola, onde remata os devanditos estudos en 2018 coas máis altas cualificacións. Ademais, amplía a súa formación recibindo diversas clases maxistrais con grandes mestres da dirección, interpretación e a composición.

Actualmente compaxina o seu labor como director da Banda de Música de Arbo coa docencia no Conservatorio Profesional de Valladares e coa súa actividade de concertista.

Escola e Banda Infantil

Escola de Música

Na actualidade a banda de música de Arbo conta con mais de 20 alumnos na súa escola recibindo clases por profesores titulados e co fin de incorporarse próximamente ao plantel da banda e axudar á súa continuidade moitos anos máis. A directiva da banda traballa desinteresadamente para garantir a existencia de dita banda e para que siga crecendo cada vez máis.

Auditorio da Escola de Música de Arbo
Banda Infantil de Arbo

Banda Infantil

A banda infantil é unha agrupación complementaria á escola de música. Ten por obxectivo principal darlle aos cativos da escola que xa comezaron a estudar un instrumento, unha experiencia no traballo colectivo para que nun futuro poidan formar parte da banda de música de Arbo. A banda infantil adoita participar en varios actos organizados tanto pola propia banda de música de Arbo ou polo concello, como son o concerto de Santa Icía ou a festa de San Roque, entre outros.

Grabacións

Carátula do disco Vila de Arbo

Vila de Arbo (1999)

O primeiro disco da banda, gravado no Auditorio da Cañiza. Inclúe un repertorio variado no que destaca a marcha "Vila de Arbo" composta por Víctor Fernández Nogueiras e que se convertería no himno de Arbo.

Carátula do disco 10º Aniversario

10º Aniversario

Composto por unha selección de 5 obras interpretadas en directo en varios concursos durante os dez primeiros anos de existencia da banda, mostrando a calidade e traxectoria da agrupación.